10 minutos con Luis Tosar en Londres, en galego

Onte tres de outubro ás 19h 50 minutos tivemos o privilexio de que nos concederan a posibilidade de facerlle a Luís Tosar unha entrevista no Cine Lumière de Londres. Para o alumnado de galego de Bach do Cañada foi algo inesquecible. Estivemos só uns dez minutos con el. Nese tempo puidemos facerlle só algunhas das preguntas que levabamos pensadas e tamén nos decatamos de que el estaría conncosco moito máis tempo malia levar dende as 4 da tarde facendo entrevistas para múltiples medios de comunicación. Estivo amable, cordial, cercano e moi simpático. Déixamovos o vídeo realizado nun dos salóns dese cine cun ambiente moi íntimo, como veredes. E despois, fixemos fotos con el e agasallounos con moito bicos. Fomos unhas/uns afortunados. E dende agora quizais entendamos mellor o porqué do seu éxito.

4 comentarios en “10 minutos con Luis Tosar en Londres, en galego”

Deixa un comentario

*