17 de maio: en Londres con Rosalía

Outro 17 de maio en Londres. De novo as Letras Galegas en Londres. E desta volta, entre outras actividades, asistiremos a unha conferencia de Diego Pardo sobre a escritora padronesa da cal este ano se cumpre o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos (1863), o primeiro libro escrito integramente en galego. Diego Pardo, profesor de galego do Queen’s College de Oxford é un dos especialistas na obra rosaliana. Doutor pola UDC podemos ler as súas reflexións, entre outros, en Rosalía de Castro. A luz da ousadía (Laiovento 2009) ou Rosalía e Murguía na procura da patria soñada (Lóstrego 2010). Entón estamos seguros de que imos aprender moito.


Deixa un comentario

*