As nosas voces: Dani (un ex)

Hoxe tivemos a sorte de que nos visitara Dani, un mozo galego, nacido en Londres, que hai un par de anos estaba estudando galego no Cañada e hoxe estuda Empresariais na Universidade de Brighton. Para esta entrevista, a cámara é Cris(entre Ameixenda e Cuntis anda a cousa) e a xornalista Eli, unha rapaza de pai … Ler máis…

Eva Moreda: escribindo o Londres galego.

O próximo xoves 16 de decembro ás 12 do mediodía  estará connosco Eva Moreda, escritora galega afincada en Londres, onde exerce de docente na Open University. Autora de varias obras como O demo e o profundo mar azul, O país das bestas, Singularis Domitilla ou Veas verdes e catro contos máis, nesta ocasión presentaranos A veiga é … Ler máis…

Un reto e unha esperanza: Primaria (1º e 2º)

Hoxe fixemos un pequeno vídeo con algúns dos momentos que durante este primeiro trimestre protagonizaron os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria: Aitor, Alan, Alejandro, Alfred, Amy, Andrea, Anisa, Diego,Gabriel, Héctor, Marina, Víctor. A todas e todos vós, feliz nadal e agardamos que a carta que lles escribistes hoxe aos reis chegue ao seu destino.

Ondas do mar de Vigo (e de Londres)

Aquí vos deixamos a cantiga de amigo máis coñecida de Martin Codax recitada por María de Primeiro de Bacharelato.E a versión en inglés realizada e recitada por Laura de Segundo de Bacharelato.Anímate e déixanos outra versión na túa lingua. Ondas do mar de Vigo, se vistes meu amigo? E ay Deus, se verrá cedo! Ondas … Ler máis…

Historias da represión franquista en Galicia

Mañá 8 de decembro ás 12 do mediodía, Antonio Míguez, historiador da Universidade de Santiago de Compostela e mais do Cañada Blanch Centre for Contemporany Spanish Studies ofreceralle ao alumnado de galego do Cañada, e a quen se achegue, contaranos historias da represión que sufriron moitos galegos anónimos durante o franquismo. E agora as imaxes … Ler máis…

Publibosquexos: probando sketchcast en Primaria

Esta tarde probamos co alumnado de 3º e 4º de Primaria as posibilidades desta aplicación. O obxectivo era que foran debuxando o corpo e identificando as súas partes. Algúns bosquexos aparecen incompletos pois o tempo para a gravación é limitado. De todas maneiras todos concluíron perfectamente a actividade malia o desigual resultado.