Matemáticas en Londres, en galego

O próximo xoves 31 de febreiro estaremos acompañados por Olalla Castro. Natural de Novelín, lugar de O Incio, leva xa algúns anos instalada na capital do Támesis, ensinando Matemáticas na City University. E chegou aquí despois de pasar longas temporadas investigando en Física de Partículas en cidades como Lyon ou Berlín. Da súa experiencia vital … Ler máis…

Deseñando telefonía en Londres: a entrevista

Estamos a converter nun costume que cada xoves pase polo Cañada un/unha profesional galego/a instalado/a en Londres ou polos arredores. Estase a converter nun agradable e emocionante costume que todos e todas compartan connosco co mesmo entusiasmo moitos dos seus coñecementos e experiencias. Moito aprendemos delas e deles. E hoxe moito aprendemos de Iván Mato, … Ler máis…

De Uf ao cómic

Uf, é un dos relatos de Made in Galiza de Séchu Sende que agora reinterpretan en forma de cómic John e Tamara de 6º de Primaria By | View this Toon at ToonDoo | Create your own Toon E o de Tamara By setemaisun | View this Toon at ToonDoo | Create your own Toon

ANAGNORISE

O libro trata dunha historia de amor peculiar. O protagonista desta historia chámase Nicolau é un rapaz mozo que sente que ten que saír da súa vila para esquecer a súa exnoiva, e o único medio que ten de sair de alí e facendo autostop. Unha muller cólleo e lévao ata Madrid, pasando por lugares como un … Ler máis…

Dende a Bodleian Library, en galego: a entrevista

Hoxe tivemos a fortuna de estarmos acompañados por Ernesto Gómez, apaixonado bibliotecario da Bodleian Library de Oxford. Grazas a súa amabilidade, tivemos acceso a moita información e anécdotas de primeira man. Soubemos dos milleiros de libros que alí se almacenan, acompañamos a F. Drake pola costa galega e descubrimos que unha das súas xoias bibliográficas desta famosa biblioteca é … Ler máis…

Galego en Londres: a memoria histórica

O pasado xoves 3 de marzo presentouse no IE Cañada Blanch a biografía deste valenciano cuxo nome leva o centro titulada Vicent Cañada Blanch (1900-1993); trátase dun exhaustivo traballo de Vicent Franch i Ferrer con prólogo de Paul Preston. Da presentación, que contou con diversas autoridades educativas e culturais, imos rescatar unhas agarimosas palabras pronunciadas … Ler máis…

Dende a Bodleian Library, en galego

O próximo xoves 10 de marzo ás 12 da mañá teremos a sorte e o luxo de contar na nosa aula de lingua e cultura galega con Ernesto Gómez. Este coruñés, afincado en Oxford, traballa como bibliotecario dunha das bibliotecas máis prestixiosas do mundo, a Bodleian Library de Oxford. O acto levará como título O figo do … Ler máis…