Concurso Literario Cañada Blanch: 1º Premio

Hoxe presentámosvos o 1º Premio do Concurso Literario Cañada Blanch en lingua galega. Merecérono estes tres poemas de C. Campos, unha rapaza de 2ºESO que, ademais, nolos recita. E. Moreda e J. Ramos, escritores galegos en Londres, xa teñen competencia. E agardamos que teñan máis. NON SEI

A. M. Isla, cirurxián en Londres, en galego

Mañá 25 de maio e como de costume ás 12 da mañá, visitaranos un profesional galego que leva anos exercendo a súa actividade en Londres. Neste caso, trátase do prestixioso doutor Isla cun amplísimo currículo profesional na capital londiniense, sobre todo, en temas relativos ao aparato dixestivo. Seguro que terá moitas cousas que nos contar … Ler máis…

Inma Gil, xornalista da BBC, en galego

Mañá 19 de maio ás 12 da mañá recibiremos a visita de Inma Gil Rosendo, xornalista galega que leva traballando na BBC dende o 2004.Tras teren feito numerosas reportaxes para a devandita canle ou ser correspondente en México, na actualidade é “senior video producer”, e está a cargo editorial dos videos que se publican na … Ler máis…

No Cañada, entre plantas: as de John

Traballamos e estudamos nun centro con máis plantas das que, a simple vista, pode parecer. Para que coñezades algunha delas, os de 6 de Primaria elaboraron estas dúas presentacións despois dun perocrrido fotográfico polas instalacións do Cañada Blanch de Londres. Ou de Galicia? Non perdades os comentarios técnicos. as plantas de Tamara . As plantas … Ler máis…

Outra de economía: o papel das caixas no exterior

Mañá 5 de maio ás 12 teremos unha conferencia máis de economía. Neste caso será a directora de Novacaixagalicia de Londres quen nos presentará unha exposición titulada “As caixas no estranxeiro”. De seguro que saberemos máis das súas funcións, da súa historia e dos proxectos deste tipo de institucións en cidades como Londres. Queremos asemade … Ler máis…