Xesús Fraga, en Londres: a entrevista

Grazas a fructífera colaboración co Centro de Estudos Galegos de Oxford e ao labor entusiasta de Laura, mañá poderá estar connosco Xesús Fraga, escritor galego nado na emigración británica, autor da coñecida A-Z. Daquela mañá teremos un plan perfecto…

Apadriñando libros doados por Xelis de Toro

Un dos agasallos máis fermosos a nosa biblioteca puido recibir foi unha boa morea de libros en galego da biblioteca persoal de Xelís de Toro. Trouxémolos dende Brighton onde mora e en Londres o alumnado de galego de Secundaria apadriñámolos ou amadriñámolos segundo o caso. Pareceunos unha fermosa maneira tamén de deixar a nosa pegada. … Ler máis…

Diego Ameixeiras, connosco en Londres

Mañá xoves 9 de xuño recibimos a Diego Ameixeiras. Despois de estar co estudantado galego de Oxford vai atreverse a ser sometido a un intenso interrogatorio polo alumnado do Cañada, tal que fosen Horacio Dopico.Ademais de xornalista e guionista de varias series da TVG, é un recoñecido escritor por obras como Tres segundos de memoria … Ler máis…

Manuel Rivas, o 18 de xuño no British

O próximo 18 de xuño ás 11 da mañá na sala Stevenson Lecture Theatre do British Museum poderemos asistir a un acto no que Manuel Rivas presentará Os libros arden mal na súa versión inglesa, isto é, Books Burn Badly, dentro do programa World Literature Weekend. Para esta ocasión estará acompañado por Jonathan Dunne, traductor … Ler máis…