100 maneiras de dicir GALEGO

Esta semana co alumnado de Primaria estivemos realizando varias actividades de expresión oral. E para traballar as emocións e os sentimentos ocorréusenos que podiamos dicir Galego con distintas entoacións que expresasen xustamente emocións distintas. Malia certas limitacións técnicas, presentámosvos o resultado:

Engurras (Arrugas) en Londres

O vindeiro sábado 21 de abril ás 16h00 no Cine Lumière de Londres e dentro da fin de semana de primavera do London Spanish Film Festival proxectarase Arrugas. Da produtora galega Perro Verde Films e baseada no cómic do Premio Nacional Paco Roca ten no seu haber moitos premios e a aclamación do público. Este … Ler máis…

Os Séculos Escuros segundo Patricia

Patricia é unha alumna catalá que chegou este ano a Londres para facer 1 BACH. É unha apaixonada do audiovisual e agasallounos con este vídeo sobre os Séculos Escuros pois tivemos a sorte de que escollera a opción de Lingua e Literatura Galega. E estamos amais moi orgullosos do nivel de lingua que xa adquiriu … Ler máis…

O recoñecemento oficial dunha ilusión

Vimos de saber que o INTEF (Instituto Nacional deTecnologías Educativas y de Formación del Profesorado) pertencente ao Ministerio de Educación, Cultura y Deporte acaba de recoñecer a este blogue co distintivo de “Buena PrácTICca 2.0″ por acercar a nosa lingua ” a su alumnado de una manera muy enriquecedora que puede servir de modelo a … Ler máis…