A hostalaría galega en Londres

Dado que sodes moitas e moitos quen nos preguntades por lugares en Londres onde se pode comer algo galego, aí vos deixamos uns cantos lugares que agardamos nos axudedes a completar: Restaurante do Centro Galego de Londres 869, Harrow Road Restaurante Galicia, 323, Portobello Road Laxeiro, 93 Columbia Road La bodega restaurante, 78 Tavistock Road … Ler máis…

Desenvolvendo fármacos en Londres, en galego

Mañá 29 de maio (e dentro da Semana da Ciencia do programa Comenius) agardamos a visita dunha investigadora galega en Londres: Isabel Pérez Castro. Despois de estudar Química en Ourense e Compostela, onde se doutorou en química orgánica, pasou unha temporada en Cambridge traballando na síntese e deseño de compostos químicos que puidesen tratar a … Ler máis…

A viaxe a Galicia: vídeo-resumo

Hoxe deixámosvos un vídeo-resumo da viaxe realizada a Galicia con parte do alumnado de galego do Cañada Blanch de Londres entre o 11 e o 14 de maio. Compostela, Carboeiro, Pontevedra, Combarro e o Salnés foron algúns dos lugares visitados.

A botica natural do Cañada

Nestes tempos que corren non está mal lembrarse da medicina natural. Por iso, o alumnado de galego do Cañada de 2ESO ten a ben lembrarvos as virtudes medicinais dunha serie de produtos que están ao alcance de todos. Daquela, antes de visitardes unha/un médica/o, podedes botarlle unha ollada a estes estupendos consellos que vos damos:

Visita do IES Ortegal de Cariño

O pasado venres 25 de maio recibimos outra visita escolar. Neste caso viñeron nove alumnos da sección bilingüe do IES Ortegal de Cariño acompañados polas profesoras de Física e Química e mais de Tecnoloxía. Foi un encontro moi agradable xa que posibilitou que algúns rapaces que estiveran facendo un intercambio epistolar se coñeceses. E tamén … Ler máis…

Unha nube londiniense para V. Paz Andrade

Na aula de 5º de Primaria estivemos traballando con varias actividades Lim do Seminario Galán sobre o intelectual homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas. De aí os rapaces e rapazas foron escollendo palabras relevantes na biografía de Paz Andrade ou palabras dos seus poemas que lles gustaban ou que non sabían e agora … Ler máis…

Visita mugardesa no Cañada

O pasado venres 4 de maio o alumnado de 1 e 2 ESO tivo unha sorpresa inesquecible na aula: 14 rapaces e rapazas de 4º da ESO do IES de Mugardos, acompañados de tres profesoras. Dende o noso blogue queremos agradecerlles que fixeran esta parada no centro durante a súa viaxe de estudos a Londres … Ler máis…