Cine e accesibilidade, en galego, en Londres

Mañá estará co alumnado de 3ESO o profesor e investigador vigués da universidade de Roehampton Pablo Romero-Fresco. Especialista en subtitulaxe e refalado (subtitulaxe en directo de contidos audiovisuais), leva anos investigando en como facer accesible a discapacitades sensoriales, sobre todo cegos e xordos, o cine, o teatro e outros actos culturais. E froito disto tamén … Ler máis…

Portobello, porque me peta!

E tamén quixemos facer unha curta que recollese unha especie de intervención poético-literaria no mercado do venres en Portobello. Despois de traballar na aula o famoso poema “Deitado fronte ao mar” o alumnado de 3ESO saíu a rúa para repartir uns trípticos co poema en galego e inglés e cuns datos mínimos sobre o poeta … Ler máis…

Os nosos cómics e libros on line

Aquí vos deixamos os primeiros intentos para crear cómics e libros on line. Prometemos melloralos e solucionar problemas técnicos que nos impediron ofrecervos algúns que estaban moi ben.Primeiro ollade os libros feitos en storyjumper por:DaniDanielaLucasHarveyE amais varias tiras cómicas realizadas con outras aplicacións on line:

Davide Bou: groove galego en Londres

E mañá 5 de novembro seguiremos con música pola tarde. Neste caso o coruñés David Boutureira, DJ e produtor musical instalado na capital do Támesis estará co alumnado de 2ºESO. Actualmente adicado ao house, deep e tech house amosaranos o seu traballo, partillará connosco as súas experiencias musicais e seguro que aprendemos moito da música … Ler máis…

Escenografía galega en Londres, en galego

E mañá falaremos de artes escénicas pero dende unhas perspectiva quizais pouco coñecida: a parte escenográfica. Para isto acompañaranos Ana Inés Jabares que realizou os seus estudos na Central School of Speech and Drama de Londres. Daquela estamos ante unha excelente oportunidade para saber algo máis sobre o unha parte moi importante das artes escénicas. … Ler máis…