12-12-2012: Recitando Celso Emilio, en Londres

Dende o IE Cañada Blanch de Londres tamén quixemos unirnos á iniciativa da Coordinadora de Equipos de Normalización Lingúística que propuxo que no día de hoxe ás 12 horas calquera colectivo recitase o simbólico e emblemático poema de Celso Emilio “Deitado frente ao mar” como homenaxe ao escritor celanovés no seu centenario. Daquela ofrecémosvos dous … Ler máis…

Os segredos da tuba, en galego, en Londres

Mañá o alumnado de 1º e 2º da ESO terá a posibilidade de compartir unha hora de clase cun músico profesional, especialista en tuba e noutros instrumentos de vento, David G. Camino. Falaranos dese instrumento, dos seus segredos e, ben seguro, escoitaremos tamén máis dunha melodía.