Dende a City ata o instituto, en galego

Mañá o alumnado de Bach recibirá a un coruñés habituado ás rúas e aos edificios finaceiros da City londininese: Iago Muíños. De formación matemático e enxeñeiro de camiños traballa na actualidade nun posto relevante na banca de inversións, en RBS, despois de pasar por Barclays ou ABN AMRO. Daquela teremos unha magnífica oportunidade de saber … Ler máis…

Premios Cañada Blanch 2012

Permitídenos fachendear un pouco. Hoxe na entrega dos premios Cañada Blanch 2012 ao mérito académico, esforzo e compañeirismo houbo moitas distincións para o noso alumnado: Lorena, Antonio, Tania, Vanesa, Oliva, Ian, Sonia, Paula e Lorenzo. E, aquí tedes a Antonio e Tania, recitando a Celso Emilio no acto. (desculpade a calidade do vídeo). Parabéns rapazas. … Ler máis…

Unha cantante galega de jazz en Londres

E mañá recibiremos Lilí dos Toxos, unha artista galega que leva xa un tempiño nas beiras do Támesis. Falaremos con ela sobre a súa experiencia televisiva no programa Luar e, sobre todo, da súa experiencia profesional no eido do jazz co grupo Estandarte jazz. E, por suposto, da súa experiencia artística en Londres que mañá … Ler máis…

Londres: o veleno do celuloide

O mércores 6 de febreiro o alumnado de Bacharelato recibirá nas súas aulas a Álvaro Gago Díaz. Este xoven director de cine vigués despois de graduarse en Vigo desprazouse ata North  Park University (USA) para estudar dirección de cine e de teatro. Dende o 2009 continúa estudando e formándose en Londres na London Film School. … Ler máis…