Lendo Minimaladas en Londres

Hoxe na aula de galego de Primaria do IE Cañada Blanch de Londres o alumnado máis pequecho enfrontouse á lectura das Minimaladas de C. López e David Pintor. Agardamos que estas súas primeiras lecturas en galego sexa coma un vermiño que vai engordando aos poucos. Aquí tedes a futuras e futuros lectores de galego en … Ler máis…

Deseñando en Londres, en galego

Mañá na aulas de 2ESO recibiremos a un xove deseñador gráfico galego afincado en Londres, Alberto Cribeiro. Falaranos do paso dende os seus estudos de Comunicación audiovisual na USC ata o deseño gráfico, da súa experiencia en Londres e coñeceremos o seu traballo. E tal vez, tamén coñezamos algo dunha nova inciativa cultural, de orixe … Ler máis…

Rosalía de Castro e Arcade Games

Hoxe na aula de galego de Primaria traballamos un pouco coa bio-bibliografía de Rosalía de Castro e con xogos Arcade. O resultado podedes velo aquí: O xogo de Brian e Daniela;O xogo de Danie e SamuO xogo de Marinueva e DaniellaO xogo de Lucas e DanielO xogo de Sebas e HarveyE como mostra o de … Ler máis…

De amigos, dos falsos.

Mañá o alumnado de 1º e 2º da ESO terá unha visita filolóxica. Estará na aula Gise Tomé, filóloga inglesa da UDC que, nos últimos dous anos estivo a realizar un mestrado de Fonética na UCL. Desta volta imos ver que cantidade de falsos amigos comeza a recoñecer o noso alumnado, polo menos o que … Ler máis…