Resolve os nosos revoltallos de letras

Aquí vos deixamos algúns dos revoltallos de letras realizados polo alumnado de Primaria. Agardamos que as fotos vos sexan de utilidades: Revoltallo de froitas Revoltallo de medios de transporte Revoltallo de meses Revoltallo de animais Revoltallo de roupa Revoltallo de vilas e cidades galegas Revoltallo de comidas Revoltallo de árbores Revoltallo de partes do corpo … Ler máis…

No bico…tres verbas

Unha das actividades de fin de curso foi pedirlle á cativada de Primaria que estuda galego como actividade extraescolar que nos dixera tres palabras que aprenderan este ano e que para eles/elas era significativa. O resultado, velaquí:

Marcelo do Bode, músico, connosco en Londres

Mañá o alumnado de 1º e 2º ESO terá a fortuna de ter nas aulas a un dos novos músicos e divulgadores da tradición galega, Marcelo do Bode. Amais de músico, cantor e bailador é un gran coñecedor da nosa tradición e xa ten levado a cabo numerosos obradoiros de música. Mañá en Londres.

Coa cuestión do celtismo en Londres

Mañá na aula de 3ESO trataremos o tema do celtismo e da nosa identidade da man da profesora da Universidade de Xxford, Silvia Vázquez. Daquela seguro que nos aclara algúns puntos e tamén seguro que nos fará xurdir máis cuestións e máis dúbidas sobre este tema tan controvertido na nosa cultura. E agora a microentrevista … Ler máis…

Encontro coa escritora Silvia Bardelás

O luns 17 de xuño estará connosco a escritora viguesa, mais instalada en Madrid, Silvia Bardelás. Licenciada en Filosofía e profesora de Creación literaria deuse a coñecer coa novela As Médulas e máis recentemente con Unha troita de pé. Desta volta asistiremos a un encontro con ela onde nos falará do seu labor como creadora literaria … Ler máis…

Feminismos, en Londres

O vindeiro 14 de xuño  teremos a fortuna de recibir unha das autoras de Feminismos, Olga Castro. Profesora de Tradución da Universidade de Aston en Birmingham, acaba de publicar este volume na editorial Xerais de Galicia xunto con outra escritora, María Reimóndez. Daquela coñeceremos de primeira man o proceso de elaboración deste volume e as … Ler máis…

Celebrando a Camoes

Mañá 10 de xuño é o Día de Portugal, de Camoes e das Comunidades Portuguesas ao conmemorar a morte do escritor portugués, quizais de orixe galega, un 10 de xuño do 1580. Desta volta, estará connosco A. Freixieiro, natural de Aveiro o cal, tras pasar pola USC, agora mesmo está no King’s Collge de Londres. … Ler máis…