Poesía e música galega

Mañá o alumnado de 1ºESO de galego do IE Cañada Blanch en Londres terán unha sesión sobre as relacións ben estreitas entre a literatura e a música galega. Para iso contaremos coa presenza doutra londoner, a profesora Paula Miranda. Sen dúbida, unha boa maneira para comezarmos con este alumnado un primeiro achegamento á nosa ricaz … Ler máis…

Con Margarita Ledo en Londres

Mañá estará connosco nas aulas a escritora, cineasta e profesora da USC Margarita Ledo Andión. Teremos a oportunidade de escoitala falar do seu último filme, agora mesmo nas salas, A cicatriz branca. E amais proxectaremos o seu documental, Manuel María, fala e terra desta miña terra. Daquela unha magnífica oportunidade para achegarnos á obra desta … Ler máis…

Xogando coas matemáticas en galego, en Londres

Mañá 17 de setembro estará connosco Nati Sánchez, matemática formada na USC que leva unha tempada instalada en Londres. Para a aula de galego de mañá proponos unha serie de actividades lúdicas ao redor de certos conceptos matemáticos. Seguro que o imos pasar moi, moi ben. E aquí vos deixamos a microentrevista do que foron … Ler máis…