Coñecemos o noso barrio en galego: Portobello

Durante esta semana teremos ocasión de coñecer mellor o barrio e a súa arquitectura grazas a Lucía Buceta, arquitecta que traballa en numerosos proxectos de intervención artística. Daquela durante dúas horas sairemos co alumnado de 3ESO para fixarnos en todos aqueles elementos do barrio nos que nunca reparamos. Un privilexio.

Sobre as enfermidades, en galego, en Londres

Mañá nas aulas de 1ºESO recibiremos a Iría Gómez-Touriño investigadora galega do King’s College de Londres. Traballa na Division of Immunology, Infection and Inflamatory Diseases. Daquela mañá saberemos moito máis sobre como se producen e transmiten as enfermidades cunha auténtica experta. Outro luxo. E a microentrevista de Andrea