Lendo a Neira Vilas en Londres

Hoxe o alumnado de 3º da ESO tivo un día moi especial. Traballamos cunha unidade didáctica ao redor do fragmento “América” de Memorias dun neno labrego de Neira Vilas. Foi moi emocionante compartila cun alumnado que tamén é froito dela. E de xeito case espontáneo decidimos gravar a lectura dese fragmento que tanto lles gustou … Ler máis…

7 días nos de 7 anos

Esta semana a cativada máis pequerrecha que vén ás aulas de galego traballou moito. E ao final da clase agasalloume cun debuxo do que facían cada día da semana. Aquí tedes o nivel destes/destas artistazos/as de sete anos e que constitúen o futuro da nosa lingua.

Encontro co pianista Manuel López Jorge

Mañá na aula de galego de 1ºESO teremos un pianista e compositor de excepción: o compostelán Manuel López Jorge. Daquela agardámolo este martes para que nos fale da súa carreira musical, dos numerosos premios que leva conseguidos ou dos múltiples lugares nos que ten actuado. E amais tamén esperamos que nos agasalle con algunha peza … Ler máis…