A voltas coa crise, en galego, en Londres

Mañá despediremos o ano cunha charla sobre a crise cun especialista, Breogán Ouviña. Este economista galego que traballa en Bloomberg tentará desvelarlles aos rapaces máis cativos de galego algunhas das claves da actual crise económica. Seguro que todos aprendemos un pouco máis e a ver se o ano que vén comezamos a superala.E a microentrevista … Ler máis…

Brian e a lámpada marabillosa

Brian, un neno de 6ºPrimaria que vén ás aulas de galego do IE Cañada Blanch, quere desexarnos estas festas cun dos seus contos. Nesta ocasión fixo unha lectura anterior nun libro no que as lámpadas eran lampadas de aí que este conto, marabilloso de seu, aínda o sexa máis na voz deste londoner. Moitas grazas … Ler máis…

Lingua, PS3 e skate en Londres

Dani ten 12 anos e é un auténtico londoner: gústalle o skate, os videoxogos e, amais do inglés, a súa familia tamén elixiu que falase galego. Desa mestura marabillosa saíu este proxecto no que combina á perfección todas estas habilidades. Aquí tedes unha clase de skate, comentada en galego dende Londres por este mozo que … Ler máis…

Conversas cun escritor… Hugo Pardo

Mañá na aula de 3ESO recibiremos a Hugo Pardo, un xornalista viveirense en Londres que está empezando a súa carreira como escritor. Hai nada acaba de lanzar a súa primeira novela ao mercado, Y entonces perdimos la inocencia. Trátase dunha novela de ambientación histórica que coñeceremos mañá máis polo miúdo.E aquí vos deixamos a microentrevista … Ler máis…