O horóscopo dende Londres

Para traballar a expresión do futuro elaboramos a seguinte actividade: a confección dun horóscopo. Aquí tedes o alumnado de galego de 3ESO do IE Cañada Blanch falando do noso futuro. Non deixedes de facerlles caso.

Os volcáns falan galego en Londres

Mañá o alumnado de galego de 1ESO terá a sorte de recibir nas aulas a unha vulcanóloga galega do Departamento de Ciencias da Terra “Jaume Almera” de Barcelona e mais da University College London: Rosa Sobradelo. Falaranos de volcáns, do que está a suceder na illa de El Hierro e tamén da súa traxectoria persoal … Ler máis…

Música mestre: Nicolás Gómez Naval

Mañá 4 de marzo o alumnado de galego de 1ESO de Londres recibirá un dos novos valores da música galega: o viveirense Nicolás Gómez Naval. Formado nos estudos de trompa no Conservatorio de Viveiro e no Reina Sofía, na actualidade pertence á JONDE (Joven Orquesta Nacional de España) e á EUYO (European Union Youth Orquestra). … Ler máis…