Os morcegos falan galego en Londres

Mañá 22 de maio e antes de comezar o último half-term do ano teremos nas aulas de galego de 1ESO a Manuel Arzúa Piñeiro, biólogo e colaborador da Sociedade Galega de Historia Natural ou de Drosera que mañá nos falará dun dos temas nos que é especialista: os morcegos. Daquela imos aprender moito sobre estes … Ler máis…

Química en galego, en Londres

Mañá 20 de maio as aulas de galego de Londres acollerán a un investigador galego da Queen Mary University: Xacobe Couso Cambeiro. Falarano da urea e do taxol e de como a química pode cambiar o mundo. Daquela estamos seguros de que imos aprender moito. E aquí a microentrevista:

Proxecto: Mil Penélopes máis para a lingua

Necesitámosvos para o proxecto MIL PENÉLOPES MÁIS PARA A LINGUA.  Entrade neste enlace ide a Comment, elixide audio ou video como forma de expresión. E logo locutade, recitade, cantade, rapeade ou versionade o famoso poema “Penélope” de Díaz Castro (Letras galegas 2014).  Logo veremos os vosos vídeos ou escoitaremos os audios nas aulas de galego … Ler máis…