Día de Galicia 2014

O domingo 22 de xuño celebrouse o xa tradicional Día de Galicia en Londres no patio do Instituto español Cañada Blanch. Foi un éxito total pois acudiron máis de 2000 persoas. Velaí vai un vídeo-resumo desta xornada festiva.

Dentro dun videoxogo

Mañá o alumnado de galego de 1ESO do IE Cañada Blanch de Londres recibirá nas aulas a Dhaunae de Vir, unha produtora de cine, libros e videoxogos que nos falará sobre como se realiza un videoxogo. Aquí vos deixamos algúns dos seus proxectos, un tráiler da web serie Judas Goat, premio Bafta, new talent ou … Ler máis…

A viaxe da lingua 2014

Entre os días 14 e 18 de maio de 2014 fixemos a viaxe de estudos a Galicia. Fomos 19 en total e amais de Compostela, andamos por Pontevedra, Santa Tegra, Combarro, A Costa da Morte ou Coruña. Días moi felices, sen dúbida. No vídeo tedes un breve resumo.