Tarefa: a Galicia romana

Nesta actividade de sociocultura imos primeiro ver este fragmento do programa da Televisión de Galicia, Historias de Galicia. E despois contestaremos ao cuestionario que vai deseguido: E agora respondemos. Podes volver reproducir o vídeo as veces que o precises. Cargando…

Presentación do libro de fotos Habelas Hainas

Mañá na aula de galego de 3ESO teremos a oportunidade de que o fotógrafo londoner de Galicia, Senén Germade, nos presente o seu libro que serviu amais recentemente para unha exposición no London College of Communication. Daquela imos coñecer de primeira man a relación entre fotografía, viaxes e historias cotiás.E aquí vos deixamos a microentrevista … Ler máis…

150 anos de Portobello Market

Este ano cúmprense 150 anos do mercado de Portobello, mercado do que tamén forma parte o instituto español Cañada Blanch onde dende 1992 se ensina galego. Desta o alumnado de galego de 3ESO tento traducir os textos que figuran nos murais da exposición de Peter Dunn que colgan dos muros de dito mercado titulada Heart … Ler máis…

Alberto Díaz: foto de cine, en galego, en Londres

Mañá comezaremos as actividades deste trimestre recibindo nas aulas de galego de Londres a un dos fotógrafos de cine máis destacados de Galicia: Alberto Díaz “Bertitxi“. Despois de recibir varios premios por anteriores traballos, está de plena actualidade por ser o fotógrafo de películas como Las altas presiones ou Os fenómenos que, dirixida por A. … Ler máis…