Neurociencia en Londres, en galego.

Mañá 26 de marzo pecharemos as actividades deste segundo trimestre cunha conferencia sobre ciencia, neste caso, neurociencia. E será Alejandro Pan Vázquez, investigador do King´s College, o que nos ofrecerá unha presentación sobre o tema. Unha vez máis, as aulas de galego servirannos para aprender moitas cousas interesante sobre o que están a facer as/os … Ler máis…

Ensaiando para sermos xornalistas deportivos: as previas

O pasado venres a xornalista deportiva María Sabarís impartiu un obradoiro de xornalismo deportivo. E como esta era unha fin de semana moi futboleira acabaron realizando, por grupos, unhas previas para tres partidos de fútbol. Iso si, tamén hai que se atreveu co tennis. No vídeo tedes o resultado.

O xornalismo deportivo, en galego, en Londres

Mañá 20 nas aulas de galego de 2ESO contaremos coa presenza da xornalista María Sabarís. Falaranos dos elementos esenciais da crónica deportiva e tamén dos intereses económicos que hai detrás das previas e dos postpartidos. E, ao mellor, aventurámonos a facer algo para os partidos desta semana.