O día de Galicia en Londres 2015

Dende hai moitos anos vénse celebrando no IE Cañada Blanch de Londres unha concorrida  festa que organiza o Centro Galego de Londres chamada Día de Galicia. E como cada ano, dende que andamos por aquí, tentamos reflexar o ambiente da mesma nun pequeno vídeo. Desculpade a nosa falta de pericia fotográfica.

Uxía + Narf, connosco

Esta semana teremos a sorte de recibir na illa a dous dos grandes artistas galegos: Uxía e Narf (Fran Pérez) presentando o seu último disco Baladas da Galiza imaxinaria. E grazas ao proxecto “Unha artista na escola” de Educabarrié o alumnado de galego do IE Cañada Blanch de Londres poderá gozar da súa música e … Ler máis…

Artistas da lingua

Velaquí vos deixamos un pequeno vídeo elaborado polo alumnado máis pequecho da área de galego que se achegou hoxe a esta actividade extraescolar no IE Cañada Blanch de Londres. Sen dúbida, son moi grandes.