foto-diversion-ends

Vémonos noutra

Velaí vai a derradeira. Despois destas voltas e reviravoltas polas silveiras da beira do Támesis  toca desencerellarse, poñer o alboroque e regresar a Galicia. Foron cinco anos moi intensos traballando como profesor de galego dende o IE Cañada Blanch; cinco anos tentando saltar os muros do que fora un convento para  facer visible a nosa … Ler máis…

foto Londres mais logo galegoenlondres

Botando contas

Nos últimos días desta xeira de cinco anos parécenos que pode ter certo interese ofrecer un balance en cifras desta experiencia marabillosa. En canto á docencia no IE Cañada Blanch impartimos aulas de galego a unha media de 55 alumnos cada ano, fundamentalmente na ESO pero tamén en Primaria (como materia extraescolar) e nos catro … Ler máis…

Vídeo-resumo actividades Área de Galego do IE Cañada de Londres

E xa en xullo de 2015 presentámosvos a modo de memoria este vídeo-resumo das actividades que levamos a cabo dende a Área de Galego do IE Vicente Cañada Blanch de Londres. Foron máis de 50 e todas posibles grazas ao compromiso, xenerosidade e altruismo de tantas galegas e galegos que quixeron compartir os seus saberes … Ler máis…