Galicia en Portobello Wall

O muro que hai enfronte da nosa escola, o Instituto Cañada Blanch, é unha fonte de inspiración para profesores, pais e alumnos cada mañá. E éo por mor do Portobello Wall Arts Project, promovido polo Borough de Kensington & Chelsea, que leva a que a arte contribúa á rexeneración e dignificación do espazo final de Portobello Road, unindo o … Ler máis…

‘O mundo dos morcegos’, con Manuel Arzúa

Os morcegos ven ou non ven? Sabías que as ás do morcego son as súas mans?  Por que entran nos hórreos? É certo que hai morcegos de ata metro e medio? E que comen ata 10 veces o seu peso? Poden chuchar o sangue ata matar? Todas estas incógnitas e moitas máis aclaróullelas esta semana … Ler máis…

‘Petando na música galega’ con Mercedes Peón

Que luxo onte no IE Cañada Blanch! Tivemos a canda nós nas aulas de galego a unha cantante galega que non precisa presentación: a gran Mercedes Peón! Xuntos nas aulas Mercedes e mais a rapazada conversaron, cantaron e bailaron ritmos desde os máis tradicionais aos máis modernos e innovadores. Vimos como dun xeito natural se poden mesturar a tradición galega e … Ler máis…