Fala Londres entrevista a Manuel Gago

Algúns alumnos de galego do IE Cañada Blanch estiveron a ler os relatos de Vento e chuvia, esa recreación dunha mitoloxía galega de orixe castrexa que xurdiu da pluma de Manuel Gago. Alentados pola curiosidade, contactaron co autor para saberen máis sobre a cultura castrexa e as nosas orixes, e mais para indagaren no proceso … Ler máis…

#MobilizaRosalía en Londres

Na área de galego do IE Cañada Blanch sumámonos á campaña “Mobiliza Rosalía”, unha proposta da AELG para celebrar o Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino. Os pequechos ademais pintaron a postal deseñada por Pepe Barro  para conmemorar o 24 de febreiro e recitaron un anaco da “Meniña gaiteira”.  

Uf! contado desde o corazón :)

Os cativos que estudan galego na extraescolar de Primaria no IE Cañada Blanch quixeron celebrar tamén o Día dos Namorados. Logo dun intenso traballo de papiroflexia para realizar cadanseu corazón de papel, narraron e decoraron por cachiños o fermoso conto ‘Uf!’ de Séchu Sende, e aprenderon e repetiron unha palabra ben fermosa: Quérote.