‘O IE Cañada Blanch é moi singular’ (curta de animación)

O obradoiro de stop motion realizado co artista Borja Santomé levounos a preparar unha curta sobre o noso instituto, o IE Cañada Blanch de Londres, na que plasmamos as clases de galego, o noso patio, o parque para os pequenos, os rapaces facendo deporte e cantando… O alumnado de galego de 2º, 3º e 4º ESO realizou os decorados e as figuras, puxo as voces e mesmo cantou. Ademais Sahara, unha artistaza da clase de 2º, pintou o convento.

O IE Cañada Blanch é moi singular; unha escola familiar na que alumnos e profes somos moi felices e na que se respira a pluralidade e o multilingüismo. Así o quixemos amosar neste ? 25 aniversario dos estudos de galego en Londres. ?

 

Pere Tobaruela: un camiño de palabras de Andalucía a Barcelona e de alí a Galicia

Retomamos a actividade tras as vacacións de Pascua lembrando un dos últimos encontros nas clases de galego do IE Cañada Blanch. O alumnado de 2º ESO conversou con Pere Tobaruela, exitoso escritor en galego, castelán e catalán, que nos explicou como a vida o foi levando de Andalucía, de onde é orixinaria a súa familia, a Barcelona, onde naceu e medrou, e finalmente a Galicia, a onde se trasladou por amor e onde

Ler máis…