A nosa celebración das Letras Galegas na prensa

O xornal España Exterior e La Voz de Galicia fixéronse eco da celebración conxunta do Día das Letras Galegas que fixemos no IE Cañada Blanch xunto co alumnado do IES Xulián Magariños de Negreira. No España Exterior glósana polo miúdo. En La Voz de Galicia cóntannos tamén a celebración dunha homenaxe a Carlos Casares por parte dos Galegos Morriñentos de Londres, mais reservan un espazo para o Cañada ao final do artigo.

España Exterior (24/05/2017): Alumnos del IES de Negreira celebran el Día das Letras Galegas en el colegio Cañada Blanch de Londres (aquí en pdf).

La Voz de Galicia (22/05/2017):  Londres rinde homenaje a Carlos Casares.

Siniestro Total 💙 Galego en Londres

Este martes 23 de maio houbo unha cita moi especial para os galegos (e para moitos non galegos) da cidade de Londres: o concertazo da banda viguesa Siniestro Total na sala O2 Academy de Islington. Alí puidemos corear clásicos como ‘Miña terra galega’, ‘Y bailaré sobre tu tumba’ o ‘¿Quiénes somos? ¿De dónde venimos? ¿A dónde vamos?’.

Pero é que ademais, a noite brindounos varios momentazos relacionados coa comunidade galega en Londres.

💙 O máis especial, o saúdo ao alumnado que estuda galego no IE Cañada Blanch 💙

E, durante o concerto, a chiscadela aos London Celtas, a peña celtista de Londres, que conseguiron que a  súa bufanda acabase no escenario. 

As Letras Galegas cos amigos do IES de Negreira

Por quinto ano consecutivo, os amigos do IES Xulián Magariños de Negreira visitan o IE Cañada Blanch durante a súa viaxe de estudos a Londres, acompañados polos seus profesores Clara Rodríguez e Amancio Liñares. Nesta ocasión, coma o ano pasado, ao coincidir coa semana das Letras Galegas, celebramos un acto conxunto no que os rapaces … Ler máis…

A irmandade con Arteixo

A nosa amizade co IES Manuel Murguía xa comezou o ano pasado, en que a rapazada de Arteixo entrevistou neste vídeo a algúns dos nosos alumnos de galego de 3º ESO. Este ano foron os nosos rapaces de 1º ESO os que entraron en contacto por correspondencia cos do IE Manuel Murguía, e a resposta … Ler máis…

Os premiados do Certame Literario en lingua galega

O pasado 23 de abril celebrouse o Día do Libro e coma sempre arredor desas datas organízase a gala de entrega de premios do Certame Literario IE Cañada Blanch que cada ano  premia os mellores textos escritos polo alumnado en cada unha das linguas do instituto. Este ano houbo un gran nivel nos textos gañadores … Ler máis…