Recibimos, de Santiago, ao St James Institute

Como actividade final de curso, o alumnado da academia de inglés St James Institute de Santiago vén cada ano a Londres, acompañado da súa profesora Belén Angueira, e nunca deixan de visitarnos no Cañada. Así, eles practican un cacho o seu inglés e nós o noso galego, e, de paso, seguimos #facendoamigos. Este ano recibíronos os alumnos e alumnas de galego de 2º ESO  🙂

Ler máis…Recibimos, de Santiago, ao St James Institute

A nosa viaxe na prensa

Un ano máis os medios de comunicación galegos amosan interese pola viaxe a Galicia do alumnado de galego do IE Cañada Blanch. Amais dunha entrevista na Radio Galega, La Voz de Galicia publicou unha reportaxe sobre o noso encontro co alumnado de Rianxo. E como veredes, entrevistou a tres dos alumnos de Galego en Londres: a Diego, a Vicky e a mais a Ella.

 

 

 

Viaxe da lingua 2017 – Día 4

Día 4

E onte chegou o último día da nosa viaxe. Un ano máis, recibíronnos con moito agarimo na Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia onde Valentín García Gómez lles falou aos rapaces do orgullo que supón para todos os galegos que eles manteñan viva ou aprendan a nosa lingua en Londres.

Xa con tempo por diante para percorrer Santiago, fixemos unha xincana na que

Ler máis…Viaxe da lingua 2017 – Día 4

Viaxe da lingua 2017 – Día 2

Día 2

Foi unha xornada completa e feliz de convivencia coa rapazada do IES Felix Muriel de Rianxo, que nos recibiu no seu centro e nos amosou os encantos da súa vila, das súas praias e da illa de Arousa. Xogamos a xogos populares e cantamos a Rianxeira ao ritmo do saxo de Bernal e Ricardo. Tamén puidemos aprender moito sobre a importancia da ría como motor económico, sobre a pesca ao xeito, as conservas da sardiña ou as bateas no museo do Mar. E o mellor, navegamos nun catamarán

Ler máis…Viaxe da lingua 2017 – Día 2

Viaxe da lingua 2017 – Día 1

Un ano máis a área de galego remata o curso coa actividade máis agardada do ano, a Viaxe a Galicia. Este ano serán catro días de aprendizaxe e emocións, nos que percorreremos boa parte de Galicia. Comezamos contándovos como foi o…

Día 1

Espectacular o sol que nos recibiu na Coruña.

Alí fixemos unha interesante visita á Real Academia Galega e á Casa-Museo Emilia Pardo Bazán. Tamén paseamos pola Cidade Vella, onde vimos

Ler máis…Viaxe da lingua 2017 – Día 1