Viaxe da lingua 2017 (videoresumo)

A viaxe a Galicia do curso 2016-2017 foi de novo agardada con emoción e aproveitada a tope por parte de 42 alumnos da ESO da nosa escola. Este ano fomos a Santiago, á Coruña, a Rianxo e á Illa de Arousa. As datas e o bo tempo propiciaron un programa de costa e cheiro a salitre, como podedes ver no vídeo-resumo destes catro días.

E foi posible grazas á colaboración de varias empresas e institucións. Sen elas, non sería posible!

Grazas de novo á Secretaría Xeral de Política Lingüística e á Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, polo seu apoio constante.

Grazas moi especiais á Fundación Paideia Galiza, que cada ano posibilita emocionantes encontros coa rapazada galega.

Grazas aos supermercados Gadis, por reincidir ano a ano no seu apoio ao proxecto Galego en Londres.

E grazas, como non podía ser doutro xeito, á comunidade galega de Londres que nos apoia e mima, e que contribúe no que pode, para que siga habendo viaxe a Galicia no IE Cañada Blanch: o Centro Galego de Londres, a Galicia Laundry e o Restaurante La Bodega.

Os premios da Viaxe

O alumnado que participou na viaxe a Galicia tivo a oportunidade de participar nun concurso con varias categorías e premios, e esta última semana de curso fixemos a gala de votación e entrega de premios: a) A fotografía compartida en Instagram co lema #riquiño ou #galifornia, que recollese mellor a nosa ledicia e/ou a fermosura … Ler máis…