Con Lanzada Calatayud polo Camiño Inglés

Lanzada Calatayud é a xerente do Consorcio de Turismo da Coruña. Este venres visitou as aulas de galego do Cañada e conversou co alumnado de 2º ESO e de 4º ESO sobre un dos camiños de Santiago menos coñecido, o Camiño Inglés, e sobre historias e anécdotas relacionadas coa historia da Coruña.

Tamén nos falou dos símbolos da cidade, e agasallounos antes de marchar, con varios pendrives coa forma da sardiña típica do noso San Xoán, con folletos de rutas literarias, con libretas, bolis e lapis da Coruña. Marchamos contentos e cos petos cheos. Grazas 🙂

 

O 12 de outubro fálase galego

Hoxe no Cañada Blanch de Londres celebramos a festividade do 12 de outubro. O lema que guía os departamentos de linguas do instituto é “España exporta linguas”. Neste contexto, quixemos que se amosase tamén a presenza do galego fóra da nosa terra, ben pola expansión da lusofonía ou ben pola presenza de amplas comunidades galegas por mor da emigración ou do exilio.

Representamos a presenza da lingua en Londres amosando a vitalidade da comunidade galega na cidade, as súas asociacións, equipos,

Ler máis…O 12 de outubro fálase galego