Carteámonos pola vella con Boqueixón

Hoxe saíron de Portobello 19 cartas escritas por algúns alumnos de galego do Cañada dirixidas a Galicia, ao CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto. Os rapaces fixeron unhas cartas moi bonitas e elaboradas. Non sabemos quen nos vai ler, pero estamos seguros de que entre o alumnado de Boqueixón atoparemos a alguén interesado en cada un … Ler máis…

O medo comezou en Portobello Road, con Eva Moreda

Eva Moreda visitounos este pasado venres no IE Cañada Blanch. Esta profesora de Musicoloxía da Universidade de Glasgow visitou Londres para participar nun coloquio-recital no King’s College sobre dous dos seus libros sobre música e exilio. A nós desde logo falounos de música, pero tamén da súa novela “A veiga é como un tempo distinto”, traducida por Craig Patterson ao inglés como “Home is like a different home”, que acaba de gañar o premio de tradución do English Pen.

Esta novela é unha historia de amor ambientada en Portobello Road, nos anos da chegada masiva de galegos ao barrio. A análise da realidade que atopou esta xente no Londres daquela, tan diferente a Galicia, mesturouse coas historias persoais dos nosos alumnos de 2ºESO, moitos deles descendentes deles.

Ler máis…O medo comezou en Portobello Road, con Eva Moreda

A palabra cantada con Uxía e Sérgio Tannus

Este mércores tivemos dous convidados moi especiais no Cañada: a cantante galega Uxía e mais o músico brasileiro Sérgio Tannus pasaron pola biblioteca do noso centro para lles ofrecer aos nosos rapaces unha charla-concerto cun petisco do mellor da música e da poesía galega e da lusofonía: cantigas tradicionais, versións musicadas de poemas de escritores sobranceiros como Rosalía de Castro ou Uxío Novoneyra, pezas de composición propia e tamén do querido Fran Narf, moi lembrado nesta tarde…

Ler máis…A palabra cantada con Uxía e Sérgio Tannus