“O son do ar” polo noso alumnado do Cañada

O pasado luns visitounos no Cañada Blanch parte da banda de Luar na Lubre, que está de xira polo Reino Unido.  E o noso alumnado recibiunos interpretando a súa peza máis coñecida e internacional, “O son do ar”.

Paloma no piano, Camila co violín, Lucía Moya coa trompa, Jack coa trompeta, Martina, Cinzia e Marinueva coa guitarra e Elisa co ukelele participaron neste fermoso acto con Bieito Romero, Patxi Bermúdez e David Carril. 😍

Ler máis…“O son do ar” polo noso alumnado do Cañada

Galego en Londres na Radio Galega

O programa Un país mundial da Radio Galega fíxose eco do interese polo galego en Londres entre a rapazada do IE Cañada Blanch. Belén Regueira entrevistounos aos dous últimos profesores que ocupamos a praza de galego, o meu predecesor Xaime Varela e eu, Begoña González.

Durante 20 minutos conversamos sobre a escola e os nosos rapaces, sobre os galegos que buscan a vida nas ribeiras do Támese e sobre como xurdiu e a vitalidade actual do proxecto Galego en Londres. Grazas, Belén!!

📻 Pódese escoitar o extracto aquí. Un país mundial. Radio Galega (21/01/2018).