En Londres tamén celebramos o Día Internacional da lingua materna. Algúns pequerrechos que van ás clases extraescolares no grupo dos pequenos de Primaria pintan así o galego.
Mes: Febreiro 2018
O paso de Luar na Lubre polo Cañada, na radio
O paso de Bieito Romero polo Cañada Blanch deixou a súa pegada tamén na radio.
? Aquí podes escoitar a referencia que Belén Regueira fai á nosa escola durante a súa entrevista a Bieito Romero no programa Un país mundial da Radio Galega do 28 de xaneiro. Podes escoitar o extracto aquí, entre os min 1.15 e 1.40.