Día da poesía con Manuel Antonio

Este mércores é 21 de marzo, comezo da primavera e Día da poesía. O EDLG do CIFP Manuel Antonio de Vigo tivo a marabillosa idea de aproveitar esta efeméride para conmemorar o 90 aniversario da publicación do libro “De catro a catro” do poeta Manuel Antonio.

Unha das actividades que organizaron foi unha lectura colectiva dos 19 poemas do libro, na que colaboraron diferentes centros galegos, nacionais e internacionais, entre eles nós. Velaquí a lista de reprodución de todas as lecturas de todos os centros participantes.

CIFP Manuel Antonio de Vigo (Galicia) | CEG de Granada (Andalucía)  | EOI de Ponferrada (Castela e León)  | CEG de Zadar (Croacia)  |  IE Cañada Blanch de Londres (Reino Unido)  |  IES As Barxas de Moaña (Galicia)  |  CEG de Vitoria (País Vasco)  |  CEG de Budapest (Hungría)  |  CEG de Roma (Italia)  |  CEG de Cork (Irlanda)  |  CEG de Padua (Italia)  |  CEG de Varsovia (Polonia)  |  Ceg de Braga (Portugal)  |  IES Alexandre Bóveda de Vigo (Galicia)  |  IES Álvaro Cunqueiro de Vigo (Galicia)CEG de Estremadura (Estremadura) |  CEE López Navalón de Santiago de Compostela (Galicia)  |  IG Santiago Apóstol de Bos Aires (Argentina)

A nós tocounos ler un dos poemas máis emblemáticos, «Sós». A seleccionada polos organizadores foi a de Marta e Martina, alumnas de 3º ESO.

Claro que fixemos moitas outras propostas, que podedes consultar aquí.

O IE Cañada Blanch na despedida do Pergamiño Vindel de Galicia

O vídeo no que o alumnado de galego do IE Cañada Blanch recita a Martín Códax en galego e en inglés -feito en colaboración coa Xunta de Galicia e con outros centros de estudos galegos do exterior, como explicamos aquí– formou parte onte dos actos de despedida do Pergamiño Vindel de Vigo. Á prensa non lle pasou desapercibido:

Participamos na campaña da Xunta para despedir o Pergamiño Vindel

Por iniciativa das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, os centros de estudo do galego no exterior póñenlle o ramo á programación conmemorativa da estadía do Pergamiño Vindel no Museo do Mar de Galicia con esta peza audiovisual na que o alumnado de galego recita as cantigas de Martín Códax en galego e na súa propia, no noso caso o inglés. O Instituto Español Cañada Blanch de Londres colaborou neste recitados co CEG de Budapest, CEG de Cork, CEG de Deusto, CEG de Kiel, CEG de Roma, CEG de Río de Xaneiro, CEG de Vitoria e CEG de Barcelona.

Ler máis…Participamos na campaña da Xunta para despedir o Pergamiño Vindel