OS HEREDEIROS DA CRUS SAÚDAN A GALEGO EN LONDRES ??

Os Heredeiros da Crus están coma cabuxas ?, pero querémolos ?.

Este vindeiro sábado estarán en concerto en Londres e non deixaron pasar a oportunidade de mandar un saúdo moi especial para o alumnado que estuda  galego no IE Cañada Blanch ?

Non faltedes á cita no Nambucca cos creadores de Eu quero josar, Pero que ghallo é! ou Vaiche boa. Co seu novo disco Derretidos volve o noso son máis bravú.

We want a rock ??

Un 12 outubro diverso e plural no Cañada

Como cada ano, no Cañada celebramos a festa do 12 de outubro e aproveitamos para que o alumnado teña un coñecemento máis amplo de España. Este ano foi unha homenaxe á diversidade. O alumnado participou en múltiples actividades, e igual bailou un bolero mallorquín ca unha muiñeira. Velaquí unha mostra do obradoiro para o alumnado da ESO que lle deu Suso na carpa do patio. Agora xa saben facer un punto, un paseo e unha roda.