VÍDEO 4 de 7. Hoxe querémosvos lembrar algúns dos Encontros no Cañada destes últimos 5 anos. Polas nosas aulas levan pasado moitísimos profesionais de grandísimo talento de todas as disciplinas, tanto galegos de Londres como outros de paso pola cidade, e algúns dos nosos artistas máis importantes. Todos eles fixérono dunha maneira altruísta e desinteresada.
Que luxo para nós abrirvos as portas do convento e poder acceder a tanto coñecemento, que luxo dignificar a nosa lingua e cultura recibíndovos a vós, os seus mellores representantes, que luxo poder conversar convosco nunha simple escola. O noso agradecemento é infinito!