VÍDEO 5 de 7. “Facemos no Cañada” é un dos piares de Galego en Londres: pequenos proxectos que foi desenvolvendo o noso alumnado, proxectos que intentaron conectar os rapaces coa súa IDENTIDADE, facelos partícipes do seu CONTORNO, e facelos protagonistas dunha CULTURA GALEGA viva, orgullosa do seu pasado e das súas tradicións e que mira sen complexos a modernidade e o futuro. Imposible reproducilos todos e enteiros aquí. Se vos interesa, están íntegros neste mesmo blog. Este vídeo-resumo amosa algúns petiscos dalgúns dos proxectos máis representativos, excluíndo os relacionados coas letras e coa música, que aparecen en cadanseu vídeo.