5 anos de letras galegas no Cañada

VÍDEO 3 de 7. Este terceiro vídeo Galego en Londres 2015-2020 céntrase en como intentamos facer protagonista a rapazada que estuda galego no Cañada das LETRAS GALEGAS, da nosa narración oral, da nosa poesía, da nosa literatura actual, en como chegaron a coñecer e a emocionarse cos nosos clásicos…

Velaquí como recitan, como versionan… e tamén como tivemos a sorte de RECIBIR nas nosas aulas a grandes narradores, poetas, editores, tradutores…: Carlos Blanco, Luis Davila O Bichero, Avelino Gonzalez, Isaac Xubín, Francisco Castro, Xavier Frias Conde, Diana Varela Puñal, Pere Tobaruela, Eva Moreda, Alejandra Plaza, Xosé Amancio Liñares, Isabel Villanueva, Clive Boutle, Craig Patterson, Yolanda Castaño… Grazas por contribuír a sementar novas primaveras para as nosas letras.

Deixa un comentario

*