VÍDEO 2 de 7. Este segundo vídeo da serie-resumo da actividade de Galego en Londres 2015-2020 amosa a importancia da presenza da MÚSICA nas aulas e nas nosas actividades. Velaquí tedes algúns petiscos:
- coa RAPAZADA CANTANDO, TOCANDO e BAILANDO: ata nos atrevemos a gravar varios videoclips e unha GLOBAL MUIÑEIRA
- dalgúns dos múltiples amigos e GRANDES ARTISTAS que actuaron connosco e para nós: Mercedes Peón, Bieito Romero, Uxía e Sérgio Tannus, Xabier Diaz, Zeltia, Centro Coreográfico Galego, entre moitos outros.
- de saúdos especiais de Julián Hernández, de Siniestro Total, e dos Heredeiros da Crus.
- ata asistimos a unha ÓPERA EN GALEGO en Londres, promovida por XOGA, a Xove Ópera Galega!
Grazas de 💙 a todos vós, alumnado e amigos. Xa sodes un cachiño da alma galega de Portobello Road.