A expedición do Pacífico

Este libro é de Marilar Aleixandre. Esta novela valeulle á autora o Premio da Crítica Galega. Foi a primeira muller galardoada e tamén foi a primeira vez que unha obra de literatura xuvenil obtivo este premio. A obra vai pola sétima edición en galego e foi traducida ao castelán e ao portugués.
Emilia é una rapaza de doce anos, que ten un irmán que se vai de expedición durante tres anos. Emilia, pensa que ela ten mais dereito ca o seu irmán de ir a esa expedición, xa que segundo ela, o seu irmán sabe menos de ciencia ca ela xa que lle ten que axudar moitas veces a resolver as dúbidas que el tiña. Ela decide colarse na expedición. Disfrazada de home (debido a que naquela época as mulleres non tiñan o dereito de acudir a expedicións científicas pola desigualdade de xénero) Emilia, no libro, vainos contando que cousas lle ocorren na expedición, e por todos os problemas que ten que pasar, Emilia namoóase dun rapaz chamado Diego, que é o seu primeiro amor.  A expedición durou tres anos nos que  se nota como Emilia vai madurando, o seu pensamento vaise convertendo nun pensamento serio, debido a que sabe como é a vida, todo grazas á expedición. Cando regresa Emilia é outra persoa completamente distinta cun pensamento claro sobre os seus ideais.  A expedición remata cando se quendan sen cartos e deciden volver. Este libro gustoume porque vese como una muller loita polo que quere, Emilia quería ir á expedición e fixo todo o posible para conseguilo e foi capaz de facelo.
A novela é baseada en feitos reais

Deixa un comentario

*