A nosa amizade co IES Manuel Murguía xa comezou o ano pasado, en que a rapazada de Arteixo entrevistou neste vídeo a algúns dos nosos alumnos de galego de 3º ESO.
Este ano foron os nosos rapaces de 1º ESO os que entraron en contacto por correspondencia cos do IE Manuel Murguía, e a resposta foi este aluvión de cartas, que non sei se daremos respondido no que queda de curso. Seica gastaron toda a tinta de Arteixo!!!! Lerémolas con atención, amigos!