Encontro coa cantante Andrea Patiño de Artaza

Esta semana estivo no IE Cañada Blanch, conversando sobre música co alumnado de galego de 1º e 3º da ESO, Andrea Patiño de Artaza, a vocalista do grupo coruñés Say my name.

Con eles repasou a súa traxectoria musical: a súa formación clásica no Conservatorio, o nacemento do grupo, os ensaios, os premios en diversos certames e a posibilidade de gravar a primeira maqueta, a xestación do primeiro disco, a rodaxe polos escenarios e o paso polo Festival Noroeste Pop Rock, a selección da súa canción “Blah Blah Blah” por parte de Turismo da Coruña para un vídeo promocional da cidade, etc.

A conversa rematou coa sinatura dalgún autógrafo e coa mini-entrevista de Jaedam, de 3º da ESO.

saymyname

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

‘Say my name’ son Andrea de Artaza, Dani Vaamonde, Jorge Salgado, Valeria Rubal e Tomás Loroño.

Deixa un comentario

*