A ópera tamén, en galego, en Londres.

Mañá pecharemos as actividades deste trimestre cunha actividade moi especial: un concerto didáctico da soprano londoner de Oleiros, Lorena Paz Nieto da Guildhall School; estará acompañada ao piano, neste caso por un de Culleredo, Federico Mosquera. Escoitaremos a Lorena interpretrar obras de Villa-Lobos, Wolf ou Donizetti. Dende logo todo un luxo que podedes comprobar nesta emisión da BBC3 (a partir de 01:38:00) na que ela participou esta semana. No vídeo da cabeceira podedes vela interpretando Lela e aquí vos deixamos primeiro esta fermosa aria do Don Pasquale de Donizetti:

Deixa un comentario

*