A vida é música… e teatro… e cine… con Brais Breijo

Esta semana visitounos Brais Breijo, tenor no coro da Orquestra Sinfónica de Londres, coa que leva cantado en sedes tan míticas como o Lincoln Center de Nova York.

Pero Brais dedicouse tamén ao teatro e ao cine, así que falounos das súas experiencias como actor en series da televisión como Matalobos ou Pazo de Familia, da súa formación teatral en Casa Hamlet e das veces que subiu á escena -como no Teatro Colón coa obra As marxes da desgraza, de Roberto Vidal Bolaño-, das súas curtas -como a realizada no Chanfaina Lab de San Sadurniño, a súa terra natal- ou do seu documental sobre a Vida mariñeira: a pesca no gran sol.

Animounos moito a seguir os nosos intereses na vida e a loitar polo que queremos, e a formarnos para podelos acometer.

Tras o encontro con todo o alumnado de 3º e 4º ESO, dúas alumnas, Elisa e Marinueva, entrevistárono.

Brais-Breijo

Deixa un comentario

*