‘A virxe roxa’ no #CicloMestreMateo

“Un retrato fascinante”. “Un vendaval de aire fresco”. “Deixa pensando o espectador moito tempo despois de tela visto”. “Logra de xeito maxistral adentrarnos na forma de entender o mundo de toda unha sociedade”. Son algúns dos afagos da crítica ao filme ‘A virxe roxa’.

‘A virxe roxa’, longametraxe documental dirixida por Marcos Nine, reconstrúe, a través dunha minuciosa selección de fragmentos de películas clásicas, o relato do asasinato en 1933 da prodixiosa Hildegart Rodríguez a mans da súa nai.

Un virtuoso exercicio de montaxe que acumula galardóns en varios festivais, incluído o premio ao mellor documental nos #XXMestreMateo.

Será o filme do mes de abril no #CicloMestreMateo, no Salón de Actos do IE Cañada Blanch, este sábado 23 de abril ás 18:00 h.

Deixa un comentario

*