Alba María: a cantora que lle puxo o alboroque ao curso

Hoxe 1 de xullo rematamos as actividades organizadas pola área de Galego do IE Cañada Blanch para o curso 2014-2015. E fixémolo cunha voz para o futuro, coa de Alba María que nos presentu o seu disco Aínda. Fermosa maneira de poñerlle o alboroque ou o ramo a un curso no que lles presentamos ao alumnado de galego do IE Cañada máis de 50 actividades vehiculadas todas na nosa lingua sobre os temas máis diversos e amaior parte impartidas pola diáspora galega nesta cidade.
E aqui vos deixamos un anaquiño da actuación de Alba María e a microentrevista de Natalia.

Deixa un comentario

*