Alejandra Plaza dinos: ‘Se fose fácil faríao outro’

Comezamos un novo curso no Cañada Blanch e fixémolo recibindo nas nosas clases de galego de 3º ESO a Alejandra Plaza, unha escritora galega radicada en Frankfurt, que vén de escribir un interesante libro titulado “Se fose fácil faríao outro“, no que analiza a nova emigración a Europa do século XXI.

Pois ben, estes días está de promoción por Londres coa súa editorial Círculo Rojo, e entre os seus numerosos actos en librerías e editoriais, incluíron unha actividade no Cañada.

“Se fose fácil faríao outro”: así se refire Alejandra á emigración. Na súa charla falounos das diferenzas entre a diáspora actual e a dos anos 60-70 (a de tantos galegos que chegaron daquela a Londres) contounos unha morea de historias e anécdotas súas e doutros e falounos do importante de integrarse, pero tamén do importante de asociarnos entre nós.

 

Deixa un comentario

*