A impresión 3D aplicada a fármacos, con Álvaro Goyanes

Estes días visitounos no Cañada o farmacéutico monfortino Álvaro Goyanes, que desde o laboratorio da University College London e a empresa FabRx traballa na fabricación de medicamentos por medio de impresoras 3D. Álvaro explicoulle ao alumnado de galego de 3º e 4º da ESO as diferentes técnicas de fabricación dos comprimidos, as vantaxes que supón a impresión 3D dos comprimidos para os nenos, para os maiores, para as persoas polimedicadas… Tróuxonos ademais unha mostra e puidemos tocar, cheirar e catar algúns dos comprimidos (sen medicamente, claro está!) que fabrican.

Tras o encontro, Andrea encargouse de entrevistalo coa axuda técnica de Ánxeles.

cartel alvaro goyanes

alvaro-goyanes-probando-os-comprimidos (a)
Probando os comprimidos
alvaro-goyanes-probando-os-comprimidos (b)
Como saberán?
alvaro-goyanes-probando-os-comprimidos (c)
Están bos. Quedan ganas de repetir!

 

 

Deixa un comentario

*