Encontro con Angel García

Hoxe recibimos no Cañada a Ángel García, enxeñeiro informático que traballa como Data Tech Product Manager para a web Hotels.com. Ángel mantivo un Encontro co alumnado de galego de 4ºESO e falounos de como se usan as tecnoloxías máis recentes para crear e mellorar procesos de negocio, mellorar as experiencias dos usuarios e adaptarse á demanda da industria e do mercado.

Ángel explicounos como detrás da nosa actividade en Internet hai unha recollida masiva de datos, e como eses datos se filtran, limpan e organizan para tomar decisións institucionais e empresariais en diferentes ámbitos da nosa vida, desde o tráfico aeronáutico á reserva dun hotel ou á oferta de servizos, e tamén no da saúde e seguridade.

Flightraradar24 danos a posición e ruta de todo o tráfico aéreo mundial varias veces por segundo. Pica aquí
Pica aquí para ver o valor das propiedades de Vancouver, analizada con datos en tempo real

No caso concreto da actividade que desenvolve actualmente para hotels.com, explicounos de que depende o prezo dunha habitación de hotel. As tarifas varían en función de varios factores: onde están, o momento do ano, as estrelas e servizos que ofrecen, a competencia que teñan, e tamén a ocupación e a demanda. Os hoteis varían a tarifa das habitacións ao longo do ano adaptándose a estes factores e a outros, para maximizar as súas ganancias. E a toma de decisións realízase con datos.

Finalmente, a súa charla serviunos para reflexionar e para sermos conscientes da cantidade de datos persoais e de metadatos que cedemos acotío a través do uso que facemos da web e das apps que utilizamos na vida cotiá.

Deixa un comentario

*